Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2024 | Actualizada ás 21:09
O PPdeG reinvidicouse de cara ás eleccións europeas como o partido das familias. "Galicia é o mellor lugar para nacer, crecer e formar unha familia", afirma. "Para nós a familia é a rede que todo o aguanta e por iso apoiamos e sempre apoiaremos a todo tipo de familias", afirmou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado nun acto polo Día das Familias, celebrado en San Cibrao das Viñas.
Respecto diso, a conselleira de Política Social, Fabiola García, valorou que "o PPdeG é o partido que máis se parece ás familias galegas porque impulsa medidas pioneiras e valentes para todas elas, sexan do tipo que sexan". Igualmente, o presidente da Deputación, Luís Menor, sostén que "as familias son o eixo fundamental" da sociedade, polo que "son obxecto primordial" das políticas que desenvolven.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.