Galicia e as leccións de rexeneración democrática

Besteiro insta a atender as demandas de Contas e a Valedora a Rueda, que asegura que o PSOE non pode "dar leccións" con casos como Koldo

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/05/2024 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

A rexeneración democrática volveu coarse no Pleno do Parlamento de Galicia. O líder do PSdeG, José Ramón Besteiro trouxo esta cuestión nas preguntas ao executivo galego e sinalou que o Goberno galego debe ter unha maior presenza no Parlamento, no que debe dar conta do seu labor e render ante as peticións de información por parte da oposición. "Pero non só falamos do Parlamento, senón de ter en conta as propostas da Valeduría do Pobo en relación coas demandas sobre a ocultación de datos sobre vivenda" ou os recentes informes do Consello de Contas.

Besteiro sostivo, así mesmo, que "máis aló do ámbito institucional" cuestións como incorporar a unha persoa condenada por un delito de violencia de xénero ao Partido Popular na Illa de Arousa "poden ser legais" pero "desde logo non exemplares". Ademais, afeou que o Gobeirno do PPdeG leve máis de 15 anos sen cumprir a Lei de medios públicos de Galicia. "Hai un dato alarmante, unha baixada do 30% de len a audiencia", dixo para chancear co feito de que poida ter que ver con que Rueda "sae máis que os presentadores".

Na súa quenda de réplica e tras responder que este descenso da audiencia coincide co regreso á política de Besteiro, Rueda recomendou ao socialista que deixe de facer "seguisdimo" doutros partidos políticos así como de "os seus xefes de Madrid". "Repite a pregunta que xa fixo o BNG a semana pasada e, sobre todo, trae esta pregunta porque despois dese retiro espiritual de cinco días do señor Sánchez, vostedes tiñan que facer este tipo de preguntas en todas as institucións", sostivo o presidente.

Ademais, trasladoulle que o PSOE "non está para dar moitas leccións" e lembroulle casos que afectan as súas filas como o Koldo e Ábalos.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na sesión de control do Parlamento de Galicia. DAVID CABEZON @ XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na sesión de control do Parlamento de Galicia. DAVID CABEZON @ XUNTA | Fonte: Europa Press

INFRAESTRUTURAS

Pero neste debate tamén se falou de infraestruturas. O titular da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que lembrará ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a promesa dunha AP-9 gratis feita durante a campaña electoral das autonómicas polos socialistas galegos, que lle afean votar en contra de bonificacións. Na sesión de control do Parlamento de Galicia e despois de que o portavoz parlamentario e secretario xeral o PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusase aos populares de "votar en contra" das bonificacións da AP-9, Rueda sostivo que os socialistas dixeron que "ía ser gratis".

En concreto, Besteiro referíase a a votación dunha iniciativa impulsada polo BNG para anular a prórroga de 25 anos concedida á concesionaria Audasa, que saíu aprobada por unanimidade. Con todo, debido á negativa do PPdeG, o texto final non incluíu unha emenda do PSOE para demandar ao Goberno que continuase coas actuais bonificacións postas en marcha mentres non se lograse esta gratuidade.

"Que estamos a falar de bonificacións? Imos a por todas, señor Besteiro, seguindo o seu compromiso", dixo Rueda, que lembrou que o socialista trasladou trasladoulle esta promesa directamente a el e a todos os galegos no debate electoral. "Por tanto, entendo que se mantén a súa promesa, señor Besteiro, tic-tac, tic-tac", engadiu.

Tras iso, asegurou que cando sexa recibido por Pedro Sánchez lembraralle que ten "a palabra" do socialista galego, "comprometendo tamén a do presidente do Goberno, de que a AP-9 ía ser gratis, pasase o que pasase nas eleccións".

Pola súa banda, o socialista incidiu que en que o PSOE apoia a transferencia e a gratuidade pero defende que, mentres iso non se produce, débese seguir apoiando o sistema de bonificacións "que puxo en marcha única e exclusivamente o Goberno". "Esa é a realidade que temos aquí, pero vostedes votaron en contra, e non sei por que", trasladou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta