Ponteareas celebra unha nova edición do Corpus Christi, a primeira coa distinción de Ben de Interese Cultural

As actividades xa se iniciaron nas últimas horas coa coñecida como 'apertura dos portais', onde os alfombristas preparan os elementos vexetais que se utilizarán para a confección das alfombras que adornarán as rúas ao paso da procesión do Santísimo, o próximo 2 de xuño.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 15/05/2024 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O Concello de Ponteareas presentou este mércores unha nova edición da festividade do Corpus Christi, a primeira desde que foi declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta e tras o recoñecemento de Festa de Interese Internacional. As actividades xa se iniciaron nas últimas horas coa coñecida como 'apertura dos portais', onde os alfombristas preparan os elementos vexetais que se utilizarán para a confección das alfombras que adornarán as rúas ao paso da procesión do Santísimo, o próximo 2 de xuño.

O programa inclúe tamén o festival Bailotea, que se celebrará este xoves desde as 19.00 horas no aparcadoiro Sarmiento Rivera; a exposición fotográfica sobre o Corpus a partir do sábado no Auditorio Municipal; ou a primeira edición do Mini DHO Vila do Corpus, o primeiro descenso urbano ciclista (para nenos e nenas entre 3 e 14 anos) que se celebra en Ponteareas, este venres.

O próximo 25 de maio, o músico e fundador da Orquestra de Cámara Galega, Rogelio Groba Otero, será o encargado de ler o pregón deste Corpus Christi 2024 e, posteriormente, haberá unha actuación musical da Orquestra. Desde ese sábado, haberá un 'videomapping' que será proxectado os venres e sábados de 22.30 a 2.00 horas (con horario estendido hastas as 6.00 horas a noite do Corpus, o 30 de maio). O 3 de xuño terá lugar ás 19.00 horas a entrega de Medallas do Corpus Christi e a ofrenda aos alfombristas.

Presentación das festas do Corpus Christi 2024 de Ponteareas, declarada Festa de Interese Internacional e Ben de Interese Cultural
Presentación das festas do Corpus Christi 2024 de Ponteareas, declarada Festa de Interese Internacional e Ben de Interese Cultural | Fonte: CONCELLO DE PONTEAREAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta