O BNG proporá esta semana na Cámara un gran pacto para aumentar a vivenda pública

E así pór coto aos pisos turísticos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2024 | Actualizada ás 15:45

Comparte esta noticia

O BNG defenderá no pleno do Parlamento galego desta semana un "gran pacto de país" para aumentar a vivenda pública en Galicia e pór coto aos pisos turísticos.

Nun comunicado, o Bloque expón que se debe alcanzar o obxectivo de que a vivenda pública alcance o 5% en Galicia no ano 2040, con prioridade de compra e rehabilitación de inmobles baleiros.

Ve necesario desenvolver o modelo de vivenda de promoción pública en réxime de aluguer, así como solicitar a cesión gratuíta de activos inmobiliarios de uso residencial da Sareb en Galicia onde exista demanda de vivenda.

Ademais, o Bloque reclamará a obrigatoriedade do título municipal de vivenda turística para aquelas que queiran ser incluídas no rexistro de empresas e actividades turísticas. Pide un estudo do impacto deste tipo de pisos, con medidas de actuación para mitigar os seus impactos negativos.

Anuncios de pisos en venda. Jesús Hellín - Europa Press
Anuncios de pisos en venda. Jesús Hellín - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta