(Vídeo) Indignación pola cobertura que a CRTVG fixo da manifestación de Altri

Denuncian que o ente público non cubriu suficientemente a masiva protesta en Palas de Rei. O BNG fala de "manipulación informativa".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/05/2024 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

Miles de persoas -- máis de 20.000, segundo os organizadores-- manifestáronse este domingo polas rúas do municipio lucense de Palas de Rei para "dicir alto e claro 'Non'" ao proxecto de fábrica de fibras téxtiles que a multinacional portuguesa Altri quere instalar na localidade. Pero a pesar desta masiva protesta, que mesmo colapsou o tráfico en Arzúa e Melide, a CRTVG só destinou 30 segundos do Telexornal a informar sobre este feito. Iso é o que denuncian forzas políticas como o BNG e outros colectivos a través das redes, pero que negan desde a CRTVG asegurando que a protesta abriu o telexornal e que houbo distintas manifestacións políticas durante a emisión do mesmo no que se falou desta problemática. 

Miles de persoas protestan durante unha manifestación contra a empresa de celulosa Altri en Palas de Rei
Miles de persoas protestan durante unha manifestación contra a empresa de celulosa Altri en Palas de Rei | Fonte: Carlos Castro

Nas redes sociais creceu a indignación nos últimos días por este tratamento e acusan, novamente, ao PPdeG de utilizar á CRTVG para "manipular" e "ocultar" información. De feito, na peza, na que se informa sucintamente da manifestación, só aparecen planos cortos e remata apuntando a participación de formacións políticas como o BNG, Sumar ou Podemos na mesma. 

Con todo, o Telexornal abriu ese día falalando da morte do bombeiro en Vigo e da protesta. Ademais, durante a súa imisión, ademais da peza informativa que grupos políticos da oposición e outros colectivos din que durou 30 segundos, emitironse algunhas declaracións, sobre todo de Ana Pontón e Ana Miranda do BNG, ademais dos candidatos de Sumar, Juan Díaz Villoslada, e a líder de Sumar, Isabel Faraldo, abordando a problemática. 

En todo caso, aquí pódese consultar o telexornal do pasado domingo 26 de maio para avaliar canto foi o tempo efectivo para falar desta masiva protesta na que participaron veciños da comarca e miles de persoas chegadas en autobuses e vehículos particulares desde diferentes zonas das catro provincias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta