Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 01/06/2024 | Actualizada ás 11:44
O partido que enfrontaba á Selección Galega contra Panamá este venres rematou coa derrota do equipo galego por 2 goles a 0. Iago Aspas foi baixa de última hora e, aínda que tentou probarse durante os exercicios de quencemento, non foi posible a súa saída ao campo. O capitán da Irmandiña pasou a ser Lucas Pérez, que tivo a primeira ocasión do partido, cun lanzamento directo de falta que atrapou o porteiro Mosquera. Os panameños replicaron cun cabezazo de Guerrero que detivo Iván Villar.
Durante a primeira parte Jonny cometeu un penalti sobre Martínez e Davis non perdoou. Lucas Pérez tivo nas súas botas a oportunidade do empate, pero Mosquera parou o intento. Pouco despois tivo outra clara oportunidade Manu Justo, pero o delanteiro do Racing de Ferrol tampouco foi quen de marcar. Panamá, pola contra, aproveitou un saque de esquina e anotou o 2 a 0, da man de Miller.
A pesares da derrota, a emoción de volver ver á Irmandiña despois de tantos anos fixo que Balaídos festexase durante todo o partido. Dende a interpretación do himno galego da man das Tanxugueiras, a festa non parou nin un intre. Agardemos poder ver moitos máis partidos da Selección Galega pronto, mentres tanto, por aquí vos deixamos un bonito recordo:
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Balaídos incrementará o seu aforamento a próxima tempada para que o Celta poida volver a competicións europeas
- Sportur visibiliza Galicia como referente nacional en deporte inclusivo
- 1.555: O número de deportistas galegos recoñecidos no alto nivel
- Narón, única sede do Campionato de España de rallyes de asfalto en Galicia
- Continúa hospitalizado o dianteiro do Dépor Zakaria Eddahchour tras caer ás rochas na Coruña
- Xa é oficial a declaración do novo estadio do Celta en Mos como proxecto de interese autonómico