Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/07/2024 | Actualizada ás 16:26
A secretaria de Estado de Migracións, Pilar Cancela, fixo un chamamento á "responsabilidade" e á "solidariedade" entre comunidades para a acollida de migrantes. Nunha entrevista na Cadea Ser recollida por Europa Press, Cancela destacou que este non é un tema "do Estado, das comunidades ou dos concellos": "Ou o asumimos desde unha perspectiva global ou non seremos capaces de resolvelo".
Así, pediu facer unha análise contextualizado da situación, lembrando a posición xeográfica de España e sinalando que neste momento chegaron 26.000 persoas máis á costa española e que o sistema se encarga de máis de 50.000 persoas.
"España, que noutro tempo era país de tránsito, é agora país de destino, porque consideran que é un país de oportunidades. Ocorre que agora cambiou o perfil. A maioría son persoas de Mali, de Senegal e piden asilo. E cando piden protección internacional hai que darlla e o noso sistema ten que acollelos. Apostamos por unha migración regular, segura e ordenada", aseverou Pilar Cancela. Ademais, reivindicou o "excepcional" sistema de acollida de España e insistiu en que non hai ninguén en situación de "infracondicións".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.