Pontón e Besteiro homenaxean este 25 de xullo aos falecidos no naufraxio de Malvinas

"Unha vez máis vemos o dura que é a vida no mar. Queremos que sintan a nosa man tendida, queremos que sintan que estamos con eles porque sabemos que son momentos moi difíciles", sinalou a líder nacionalista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2024 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Besteiro, lembraron este 25 de xullo, Día de Galicia, en senllos actos de partido, ás vítimas do naufraxio do pesqueiro 'Argos Georgia', afundido fronte á costa das Illas Malvinas. A líder nacionalista aproveitou a súa intervención na manifestación convocada polo BNG en Santiago para celebrar o 'Día da Patria' para enviar as súas condolencias ás familias dos mariñeiros falecidos. "Unha vez máis vemos o dura que é a vida no mar. Queremos que sintan a nosa man tendida, queremos que sintan que estamos con eles porque sabemos que son momentos moi difíciles", sinalou.

Argos Georgia. SALVAMENTO MARÍTIMO
Argos Georgia. SALVAMENTO MARÍTIMO | Fonte: Europa Press

O secretario xeral dos socialistas, pola súa banda, arrincou a súa intervención tamén con palabras de recordo para os náufragos. Fíxoo en Rianxo, onde un ano máis se desprazaron os socialistas galegos para celebrar o Día de Galicia ante o busto de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en Rianxo, pobo natal do intelectual galeguista. Así mesmo, pediu que se gardase un minuto de silencio en homenaxe aos mariñeiros falecidos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta