Falece un motorista tras chocar contra un turismo en Pedrafita do Cebreiro

E un motorista resultou ferido en Cerceda tras cruzarse cuns xabarís.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 28/07/2024 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

Un motorista perdeu a vida tras chocar contra un turismo na LU-633, no quilómetro nove, ao seu paso polo municipio lucense de Pedrafita do Cebreiro.

Segundo informou o 112, foi ao fío das 17,15 horas deste domingo cando un particular deu a voz de alarma e detallou que o motorista necesitaba asistencia sanitaria urxente.

Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense. Con todo, nada puideron facer por salvarlle a vida.

ACCIDENTE DE MOTO EN CERCEDA

Por outra banda, un motorista resultou ferido en Cerceda tras cruzarse cunha manda de xabarís cando circulaba pola AC-409, ao seu paso pola parroquia de Queixas.

Foi un particular o que chamou á central de emerxencias sobre as 18.00 horas e detallou que o implicado estaba ferido. Ata o punto desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago, a Garda Civil e os servizos de mantemento da estrada.


Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia / Europa Press - Arquivo  / Europa Press
Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia / Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta