Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2024 | Actualizada ás 14:11
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, mostrou este mércores a súa preocupación pola situación do sector forestal de Galicia, cuxa mellora "podería incrementar un punto o produto interior bruto", e reclamou á Xunta incentivos fiscais para o seu impulso.
O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista e as deputadas Lara Méndez e Carmen Rodríguez Dacosta reuníronse no Parlamento e Galicia con representantes da Asociación Forestal de Galicia (AFG) e da Confederación de Organizacións de Silvicultores de España (COSE). No encontro analizaron un documento de propostas sobre fiscalidade para o sector forestal no participaron organizacións a nivel nacional xunto con propietarios, entidades de certificación e colectivos ecoloxistas como WWF ou Greenpeace.
Besteiro destacou que Galicia "é unha verdadeira potencia no forestal", xa que concentra o 50% da produción de España. Iso situaríaa como "o sexto país da Unión Europea" en canto á talla de árbores, pero sinalou que o seu "hándicap" é a transformación da madeira. "Tallamos moita madeira, pero non a transformamos", insistiu sobre" materia pendente que a xestión do PP nos últimos 15 anos non foi capaz de afrontar.
Por ese motivo, entre outras medidas, o PSOE "aposta por incentivos fiscais" que deben favorecer a mellora da xestión para que sexa sustentable e máis rendible, ademais de contribuír a combater á falta da substitución xeracional nas explotacións, o despoboamento do rural e o envellecemento poboación.
Entre outras propostas, Besteiro incidiu nun plan sectorial contable específico, beneficios fiscais en torno ao 20% para os montes que se xestionen de acordo cun protocolo de sostenibiliad e incentivos á agrupación voluntaria de parcelas para combater o minifundismo, que tamén afecta o bosque.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.