Por GC Tendencias | Pontevedra | 05/12/2015 | Actualizada ás 08:47
Mesturando xogos e faladoiros, os autores anunciaron una próxima aventura en Tokio, a que continuará esta colección que xa recolle episodios das intrépidas formigas en Paris (2014), Nova York (2014) e Barcelona (2015).
Rodeado de rapazas e rapaces Pere coordinaba unha longa fileira de voluntarios que desexaban acompañar a Andrés no debuxo das bravas FORMOS4, FORX4N, FORNL4 e FORM4AIL, as heroes da zaga. “Temos moita sorte co noso público”, salientaba Pere Tabaruela ao finalizar a presentación.
Escarlatina, a cociñeira defunta achega receitas no Culturgal
Sobre a morte non está todo dito. Doutro xeito difícil é de explicar o grande éxito da novela Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais, 2014), de Ledicia Costas, gañadora do Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2015. A autora foi convidada a falar co seu público no marco do Culturgal 2015 que estase a celebrar este venres, sábado e domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra.
No encontro, ducias de cativos deixaron a súas impresións e consultaron á autora sobre os personaxes e algúns dos episodios da novela que especialmente lembraban. Aprender a cociñar a carón dunha cociñeira morta é o desafío que fía este relato que deixou pegada dende a súa saída nos lectores.
As receitas que vai deixando Escarlatina ao aprendiz é un dos segredos do éxito, segundo a novelista. A viguesa, Ledicia Costas, estivo acompañada do ilustrador da narración, Víctor Rivas quen convidou aos pequenos a debuxar canda el personaxes e escenas da novela.
A algarabía foi grande cando Ledicia anunciou que na vindeira primavera chegará unha nova historia da cociñeira Escarlatina.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.