Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2024 | Actualizada ás 19:32
Valdeorras e a conca do Miño ao seu paso por Ourense e Pontevedra estarán en alerta amarela este venres ao esperarse temperaturas que poden superar os 34ºC.
Segundo Meteogalicia, a alerta, motivada pola entrada dunha masa de aire cálido, activarase ás 15.00 horas e estenderase ata as 21.00 horas.
Así, durante o venres haberá pouco cambios metrológicos e Galicia seguirá baixo a influencia das altas presións. Os ceos terán nubes baixas pola mañá no norte que, co avance do día, quedarán restrinxidas a puntos do norte da provincia de Lugo, con ceos moi despexados en xeral no resto do territorio.
As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso e o vento soprará do norte-nordeste moderados en xeral, con intervalos fortes na contorna de Fisterra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.