Denuncian que La Vuelta "branquea" o xenocidio de Israel en Gaza

Varias entidades critican a participación do equipo israelí Israel Premier Tech nesta competición. A solidariedade galega co pobo palestino protagonizará a festa da poesia do Condado.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/08/2024 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

A Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina, integrada pola  Asociación Galaico Árabe Jenin, Mar de Lumes  e Galiza por Palestina, denuncia a complicidade da Vuelta Ciclista a España co xenocidio en Gaza.  La Vuelta ciclista a España estará en Galicia desde o día 27 até o 30 de agosto. Pontevedra será a primeira provincia en recibir o pelotón o martes 27 de agosto, na décima etapa da competición. O percorrido comezará en Ponteareas e finalizará en Baiona, as outras tres etapas na Galiza serán en Padrón o día 28, Lugo-Ancares o 29 e Ourense-Manzaneda o día 30.

O belga Gianni Meersman imponse nunha final de La Vuelta na Ronda da Muralla, ateigada de xente.
O belga Gianni Meersman imponse nunha final de La Vuelta na Ronda da Muralla, ateigada de xente. | Fonte: lavuelta.com

"A Volta ciclista a España é un evento deportivo cun amplo seguimento de medios e de asistencia de público en cada etapa que debería ser exemplo de xogo limpo e valores humanos, mais está marcado pola complicidade co xenocidio en Gaza", indican as entidades nun comunicado. Así, destacan que Carrefour é a empresa patrocinadora do evento, unha multinacional que mantén acordos coas compañías de Israel, ten filiais nos territorios ocupados da Palestina e doa bolsas de alimentos ao exército sionista que impide a chegada de axuda humanitaria a poboación de Gaza.

Ademais, neste ano o equipo israelí Israel - Premier Tech participa en La Vuelta, un equipo fundado estadounidense de orixe israelí Ron Baron e patrocinado polo estado de Israel e o seu Ministerio de Turismo. "Creado expresamente para seren embaixadores da diplomacia deportiva” e da paz no mundo. Esta estratexia de sportswashing pretende mellorar a imaxe internacional de Israel e normalizar a súa política colonial e xenocida", denuncian.

Así, lembran que segundo a Corte Internacional de Xustiza a complicidade cun xenocidio é un delito e "é  unha obriga de todos os países participaren na denuncia e  no boicot da maquinaria de ocupación sionista".

FESTIVAL DE POESÍA DO CONDADO

Por outra banda, a solidariedade galega co pobo palestino protagonizará a festa da poesia do Condado. Será este sábado 31 de agosto na celebración da 36 edición do Festival da Poesia em Salvaterra.

O programa deste novo Festival da Poesia no Condado terá como fio condutor a reivindicación dos direitos do pobo palestiniano e o apoio "à sua necessária resistência frente à opressom sionista".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta