Suspendido un acto cultural en Vilalba ao considerarse electoralista

A xunta electoral decidiu suprimir a presentación da web dun certame literario e a apertura da Sala de lectura María Preito Carreira ao que fora invitado o director da RAE, Darío Villanueva.

Por Galicia Confidencial | Vilalba | 17/12/2015 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

A apertura da sala de lectura María Prieto Carreira de Vilalba e a presentación da páxina web do Certame Literario do Concello de vilalba, prevista para este venres, último día da campaña electoral, foron suspendidas. Así o decidiu a xunta electoral tras estimar unha denuncia formulada polo PSdeG que entendía que se trataba dun acto electoral.

Darío Villanueva, director da Real Academia Española (RAE)
Darío Villanueva, director da Real Academia Española (RAE) | Fonte: raeinforma.es

Os socialistas decidiron poñer en coñecemento da Xunta electoral este feito despois de "ter constancia das invitacións que desde a Concellaría de Cultura remitíronse ás asociacións do municipio, ademais de convidar ao director da Real Academia Española, Darío Villanueva".

O PSdeG entende que a convocatoria desta presentación é "oportunista", porque non é un acto que haxa que celebrar "a dous días das eleccións".

"Asistimos a unha total vulneración da lei por parte do alcalde, Gerardo Criado (PP), e do concelleiro de Cultura, José Antonio Pita, convocando aos veciños a este acto puramente electoralista", destacan os socialistas nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta