Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2024 | Actualizada ás 19:43
A Xunta realizará novas probas Celga do exame de galego, nos niveis dous, tres e catro, na segunda quincena de novembro, informa a Xunta.
Trátase da segunda convocatoria neste ano para obter os certificados oficiais que acreditan os niveis de coñecemento do galego.
O prazo para presentar as solicitudes de inscrición, así como do pago de taxas correspondentes aos dereitos de exame, terminarán o día 25 deste mes.
As datas concretas das probas, que terán lugar simultaneamente en Santiago e Ponferrada, publicaranse no Diario Oficial de Galicia e no Portal da lingua Galega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.