Galicia esixe á ministra de Inclusión o traspaso da xestión do Ingreso Mínimo Vital

A conselleira de Política Social, Fabiola García, defendeu que a Xunta deu pasos encamiñados a axilizar o traspaso da xestión do Ingreso Mínimo Vital (IMV) e despois de que a ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz, culpase en varias entrevistas ao Executivo autonómico do atraso da transferencia, pediulle que "deixe de enredar e pór escusas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2024 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, defendeu que a Xunta deu pasos encamiñados a axilizar o traspaso da xestión do Ingreso Mínimo Vital (IMV) e despois de que a ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz, culpase en varias entrevistas ao Executivo autonómico do atraso da transferencia, pediulle que "deixe de enredar e pór escusas". En declaracións difundidas aos medios por parte de Política Social, García defendeu que o orzamento da Risga "non baixou nin un só céntimo nos últimos anos" e lembrou que foi "fai preto de tres anos" cando o Goberno central se comprometeu coa Xunta a efectuar a transferencia do IMV.

"Eu mesma, o pasado mes de xuño, acudín a unha reunión coa ministra e pasei unha proposta escrita de transferencia íntegra do IMV. Posteriormente envieille unha carta solicitando unha reunión técnica para ir avanzando neste traspaso e, a día de hoxe, seguimos esperando", lamentou, antes de lembrar que Euskadi, Navarra e Cataluña xa contan coa transferencia. "Galicia non pide ser máis que ninguén, pero xamais aceptará ser menos. Así que o que lle pido á ministra é que deixe de enredar e de pór escusas, e se poña a traballar", resolveu.

Fabiola García nunha gardaría
Fabiola García nunha gardaría | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta