A Xunta anuncia a creación duns premios para a música galega similare aos do teatro ou cinema

Porá en marcha o primeiro Plan estratéxico da industria musical do país.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2024 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este luns a firma dun convenio coa Asociación Galega de Empresas Musicais a través do cal a Consellería de Cultura achega 52.000 euros ao desenvolvemento de distintas iniciativas de promoción e análise do sector, entre as que destaca a elaboración do primeiro Plan estratéxico da industria musical de Galicia.

O obxectivo é promover a creación e distribución de contidos musicais desde Galicia tanto a nivel estatal como internacional, xa que, segundo apuntou Rueda, en Galicia traballan no sector "case 3.300 persoas" e xera un volume de negocio de "case 230 millóns", ademais de "contribuír a facer marca Galicia".

Segundo explicou Rueda, o plan estratéxico desenvolverase en tres fases ata xullo de 2025: analizar as fortalezas e debilidades do sector, así como os recursos dispoñibles, deseñar políticas específicas de apoio e un sistema de seguimento e control de cumprimento dos obxectivos.

Ademais, contará con outras medidas complementarias como a posta en marcha dos primeiros premios da industria musical galega, que prevé que se entreguen nunha gala a mediados do ano que vén e encontros de promotoras e distribuidoras con profesionais da programación cultural de Galicia e do norte de Portugal.

Reunión do Consello da Xunta
Reunión do Consello da Xunta | Fonte: DAVID CABEZON @ XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta