Detalles sobre 'Resistência Galega'

Este grupo independentista, que vinculan co achádego de 26 bombas incendiarias nuha vila portuguesa próxima a Lobios, deuse a coñecer nas vésperas do Día da Patria de 2005....

Por Galicia Confidencial | Galicia | 20/09/2006 | Actualizada ás 09:48

Comparte esta noticia

Un ano despois, xa durante este verán, volveu saberse deste grupo, esta vez por unha entrevista que finalmente non se chegou a publicar. O autor da mesma remitíaa ós medios da Net ó non ser aceptada a súa publicación:

"Son xornalista. Traballo nun medio de comunicación escrito da Galiza, e en acrodo co xefe da miña sección realicei durante o pasado mes de Xuño unha entrevista a Osvaldo Brea, identificado pola Policia e a Guardia Civil como activista da Resistencia Galega. Osvaldo está actualmente en paredeiro descoñecido, pero eu estiven falando con el durante duas horas dunha tarde calurosa, na que conversamos de política, de violencia e tamén da sua vida persoal. É a primeira entrevista que se consigue con unha persoa que recoñeza publicamente estar detrás do fenómeno de atentados e sabotaxes radicais que nos ultimos anos se producen no noso país, especialmente nas proximidades do 25 de Xullo. E sen embargo, por orden política, o medio para o que traballo decidiu que non está disposto a publicala.

É por iso que decdin sacar esta entrevista á luz por outros medios. Porque non creo na censura, e porque, ainda sen compartir os medios e moitas das ideas de Osvaldo Brea, creo que a sua voz pode e debe ser escoitada. O feito de que esta entrevista non saia publicada nun medio de comunicación "convencional" fi que non sexa estrictamente material xornalístico, polo que, co desexo de guardar as miñas fontes e as miñas costas, prefiro manter o meu anonimato. A veracidade deste material creo que se desprende do seu propio contido". Podes consultar a entrevista aquí.

O certo é que é a primeira vez que en Portugal se realiza un achádego destas carácteristicas. Un feito que, segundo a Garda Nacional Republicana abre "novas vías de investigación" sobre a vinculación que o independentismo galego ten con outros grupos do país luso.

A Policía portuguesa baralla a posibilidade de que algúns ex militantes de organizacións extremistas de finais dos 70 en Portugal poidan estar dando cobertura ou apoio a estes grupos no Norte deste país, aínda que esta hipótese está por confirmar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

2 de aquí

Bien he leído enterita la entrevista a este sujeto.

Queda claro que no es más que un pobre hombre, un resentido con un enorme complejo de inferioridad que intenta superar recurriendo a lo único que le puede hacer sentirse fuerte.

Carece de capacidad de argumentación y justificación, pero no se puede pedir más a quién reconoce que no fue un buen estudiante y que se ha pasado su juventud fumando porros.

A ver si las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado lo detienen pronto y va a la cárcel que es dónde tiene que estar este individuo.

Y esto lo digo en este foro porque aún no comulgando absolutamente en nada ni tan siquiera con el nacionalismo gallego - ya no digamos con el independentismo- creo que absolutamente todas las ideas son respetables siempre y cuando su defensa se haga de la forma en que tiene que hacerse.

1 pendencias

Bom, é certo que organizacións como a portuguesa LUAR (nada a ver co da TVG ;-) senon unha organización da estrema esquerda portuguesa)e a FP25 na que supostamente estivo envolvida Otelo Saraiva de Carvalho -o cerebro e xefe operacional do 25 de Abril (ainda que a sua pertenza á FP25 nunca ficou de todo claro, a pesar dos anos de cadea que el pasou) tiveron sempre contactos e simpatias co independentismo galego "armado". A LUAR apoiou lá pola metade dos 70 a criación (conferencia de Brest) un grupo armado galego, aquela célula da que Reboiras fixo parte. O que non sei é se estas organizacións violentas portuguesas tiveron a ver co malfadado e delirante EGPGC.
En qualquer caso e por vínculos de idioma, cultura e ideoloxía, os vínculos galego-portugueses nestas aventuras "armadas" están aí desde hai muitos anos. Aguardemos que non aconteza ningún disparate.