Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/11/2024 | Actualizada ás 17:19
O conselleiro delegado de Inditex, Óscar García Maceiras, asegurou que o grupo cumpriu todos os obxectivos que tiña na súa saída a Bolsa en 2001, á vez que cualificou de "plenamente positiva" a experiencia nos mercados financeiros. Nesta liña, o directivo recoñeceu que a multinacional, na súa traxectoria nos mercados financeiros aprendeu moito, xa que "os mercados póñenche no teu sitio".
"Hai que escoitalos con humildade", manifestou, para logo engadir que, ao mesmo tempo, o salto ao parqué tamén lle serviu a Inditex como "escaparate a nivel internacional, así como a atraer talento e profundar na profesionalización da xestión da compañía". Neste sentido, o executivo tamén destacou que a saída a Bolsa fíxolles "incrementar o grao de esixencia e ser mellores", xa que debían identificar continuamente "novas formas de avanzar".
Así se expresou o executivo durante a súa participación na 'Xornada 35 aniversario da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV)', organizada pola propia entidade e que se celebrou este venres en Madrid co obxectivo de reflexionar ao redor de como aumentar a achega dos mercados financeiros á sociedade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.