Xeado contra a crise de prezos do leite

Granxa O Cancelo abre a súa segunda tenda de xeados en Compostela coa marca Bico de Xeado.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 25/03/2016 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

A Cooperativa Provincial de A  Coruña abriu esta semana unha tenda de xeados na Rúa do Vilar, 81; na zona vella de Compostela. A compañía incide así na súa estratexia de pór en valor directamente o leite que producen os seus socios.

Bico de Leite, tenda de xeado de Granxa O Cancelo, en Santiago
Bico de Leite, tenda de xeado de Granxa O Cancelo, en Santiago

Coa marca “Bico de leite” a cooperativa xa abrira na primavera pasada un establecemento propio no centro da Coruña. Os gandeiros tamén comercializan directamente o xeado a través da “Biconeta”, un posto móbil que se vai movendo por eventos e que está a miúdo fronte o Marineda Cityu da Coruña.

Segundo recolle Campo Galego, o portal especializado no sector primaria do país, o seu obxectivo a longo prazo e darlle saída os 1,2 millóns de litros que produce anualmente Granxa O Cancelo a través de produtos de valor engadido como o xeado.  O xerente Jesus Otero explica que o proxecto naceu “nun contexto de crise de prezos do leite e perda de valor do mesmo, cremos e apostamos polos nosos produtos e por buscar maior valor engadido ao leite elaborando xeados artesáns de calidade extraordinaria”.

Granxa O Cancelo comezou esta estratexia na súa explotación de Miño en 2009. Defínese como “un proxecto integrador que pretende conectar directamente a productoras e productores con consumidoras e consumidores, sen intermediarios”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta