Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2025 | Actualizada ás 12:48
O Goberno central procederá a substituír o rótulo do Centro de Cooperación Policial e Aduaneira do municipio pontevedrés de Tui onde aparecía un topónimo deformado, segundo informa o BNG.
Faino despois de que na súa resposta ás preguntas formuladas por esta formación no Congreso, o Executivo estatal asegurase que, tras a iniciativa presentada pola organización nacionalista, "xa encargou un novo cartel que respecte a forma oficial do nome da localidade".
O BNG, a través do seu deputado no Congreso Néstor Rego, denunciou "a vulneración da lexislación vixente en materia de toponimia oficial por parte do Ministerio do Interior, esixindo a retirada inmediata da etiqueta incorrecta".
A formación nacionalista celebra o medida pero insiste en que esta situación "non debe repetirse" e que a Administración Xeral do Estado "debe garantir o estrito cumprimento da legalidade en materia de toponimia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.