Temas: TURISMO COMBARRO

Combarro, entre as vilas máis fermosas do Estado para Turespaña

O organismo oficial de Turismo de España destaca a súa conservación e, por suposto, os seus famosos hórreos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 05/04/2016 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

Turespaña, o organismo oficial para a promoción do sector turístico de España no mundo, vén de publicar unha lista coas que considera as vilas máis fermosas do Estado, entre as que inclúe Combarro, no concello de Poio, en Pontevedra.

Combarro
Combarro | Fonte: Juantiagues en Wikipedia.

Xunto con Combarro, Turespaña destaca como as vilas con máis encanto do Estado a andaluza Ronda, a estremeña Trujillo, a catalana Cadaqués, a aragonesa Albarracín, a canaria Tejada, a balear Valldemosa, a cántabra Santillana del Mar, a manchega Almagro, a vasca Hondarribia a castelán-leonesa Pedraza, a valenciana Peñíscola, a asturiana Cudillero, a navarra Olite, a rioxana Santo Domingo de la Calzada, a murciana Caravaca de la Cruz e a madrileña Chincón.

De Combarro, Turespaña di que "é unha das vilas mellor conservadas de Galicia", na que o visitante "se dará conta enseguida de que está ante a típica vila mariñeira galega" e na que "deixará levar os seus pés para contemplar as casiñas mariñeiras, os cruceiros das prazas e os máis de 30 hórreos de pedra que chegan ata a beira do mar". E conclúe: "Non te vaias sen gozar da fenomenal cociña galega ou sen levarte de recordo algún licor ou oruxo característico da zona".

Temas: TURISMO COMBARRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta