Publicadas listas de contratación temporal do SERGAS para varias categorías como médicos e enfermeiros de familia

As listas atópanse publicadas, a disposición dos interesados, na páxina web do Sergas, no apartado 'Emprego Público'. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado no expediente electrónico 'Fides'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2025 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) publicou este xoves no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución das listas de selección temporal en diversas categorías, entre elas as de médicos e enfermeiros de familia.

En total, hai 4.134 aspirantes anotados nestas listas que inclúen a orde de prelación e a puntuación obtida por cada un deles. A categoría con máis persoas incluídas é a de médico de familia, con 1.102.

Tras esta, está a de profesionais de enfermaría familiar e comunitaria (729), médico de urxencias hospitalarias (582), matrona (551), técnico de saúde en atención primaria (209), enfermaría pediátrica (202), médico asistencial do 061 (201), médico coordinador do 061 (142), enfermaría do traballo (121) e pediatra de primaria (112).

As listas atópanse publicadas, a disposición dos interesados, na páxina web do Sergas, no apartado 'Emprego Público'. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado no expediente electrónico 'Fides'.

Os interesados presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles, ata o 9 de maio.

Edificio da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde  (Sergas) / Europa Press / Europa Press
Edificio da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (Sergas) / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta