Expourense acollerá o 'VII Car Outlet Ourense' do 9 ao 11 de maio

Contará con 15 concesionarios de ACAUTO que representan a un total de 27 marcas.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 04/05/2025 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O VII Car Outlet Ourense, que ía ter lugar en Expourense os días 25, 26 e 27 de abril, celebrarase definitivamente entre o 9 e o 11 de maio.

Vehículos á venda no IV Car Outlet Ourense. Foto: Prensa Expourense
Vehículos á venda no IV Car Outlet Ourense. Foto: Prensa Expourense

Para esta edición está confirmada a participación e 15 concesionarios de ACAUTO que representan a un total de 27 marcas. Expourense, que acolle este evento, avanza que nel poderanse atopar as mellores oportunidades do mercado de vehículos de ocasión e segunda man con todas as garantías que brindan os concesionarios oficiais.

O horario de apertura do salón será venres 9 de maio de 11:00 a 20:30 h., sábado 10 de 10:00 a 20:30 h. e o domingo 11 de maio de 11:00 a 20:00 h. A entrada terá un custo de 3 euros, sendo gratuíta para os menores de 12 anos. Haberá ademais Servizo de Ludoteca Gratuíto.

CAMBIO DE DATAS DO CAR OUTLET OURENSE

As dúas entidades organizadoras desta cita, Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (ACAUTO), decidiron adiar este evento logo do repentino falecemento do presidente, Ramón Seijas Pérez. Ramón Seijas foi un dos principais promotores e valedores tanto do Car Outlet como dos dous Salóns do Automóbil (Novo e de Ocasión) que se celebran no recinto nos meses de outubro ou novembro.

Expourense lamenta profundamente este pasamento, agradecéndolle todos estes anos de estreita cooperación no seu papel á fronte de ACAUTO e trasmitíndolle ao mesmo tempo todo o seu ánimo e apoio á xunta directiva desta Asociacón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta