O 'Observatorio LGTBIQ+' aproba un protocolo sanitario para Atención Primaria dirixido ao trato con persoas trans

As recomendacións establecidas polo Sergas pretenden, entre outros obxectivos, "potenciar a atención sanitaria nun ambiente acomodado para as persoas trans, que lles proporcione confianza e no que se poidan expresar de forma cómoda e aberta"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2025 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

O Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero ('Observatorio LGTBIQ+') aprobou este mércores nun pleno o protocolo sanitario de Atención Primaria dirixido ao trato con persoas trans e elaborado pola Consellería de Sanidade.

Este protocolo, que contou coa colaboración da dirección xeral de Promoción da Igualdade, foi elaborado por un grupo de traballo de Atención Primaria, segundo trasladou a Xunta --á que se adscribe o observatorio-- nun comunicado.

As recomendacións establecidas polo Sergas pretenden, entre outros obxectivos, "potenciar a atención sanitaria nun ambiente acomodado para as persoas trans, que lles proporcione confianza e no que se poidan expresar de forma cómoda e aberta".

VIOLENCIA EN PERSOAS TRANS E LGTBI

Por outra banda, o pleno do Observatorio, ante as situacións de violencia que seguen vivindo en moitas ocasións as persoas trans e LGBTI en xeral, acordou manifestar: "Debemos avanzar cara unha sociedade inclusiva e diversa nas que este tipo de actuacións de odio e criminalización perpetúan o estigma, lexitiman os discursos de odio e reforzan as narrativas que buscan deshumanizar unha parte da poboación".

"Todas as persoas deben ser recoñecidas e respectadas tal e como son, ninguén ten o dereito a decidir quen merece ou non ser incluído na sociedade. Debemos defender os dereitos humanos de todas as persoas sen excepcións e promover unha sociedade que acepte a todas as persoas como iguais e que sexa respectuosa cara todas as persoas independentemente da súa identidade de xénero", continúa o texto de solidarización co colectivo.

Neste sentido, a directora xeral, María Quintiana, lembrou que a Consellería de Política Social e Igualdade conta con diferentes ordes para programas de entidades que traballan con mulleres en situación de vulnerabilidade no que se está apoiando tamén o traballo de atención e asesoramento ás do colectivo LGBTI.

Reunión plenaria do 'Observatorio LGTBIQ+', a 14 de maio de 2026.. XUNTA DE GALICIA
Reunión plenaria do 'Observatorio LGTBIQ+', a 14 de maio de 2026.. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta