Encontran o corpo sen vida dunha muller nunha piscina en Tui

Unha muller foi achada falecida na tarde deste venres nunha piscina particular no lugar de San Simón, en Ribadelouro, no municipio pontevedrés de Tui.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2025 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia



Unha muller foi achada falecida na tarde deste venres nunha piscina particular no lugar de San Simón, en Ribadelouro, no municipio pontevedrés de Tui.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi unha familiar a que sobre as 13,30 alertou de que atopara á muller flotando na piscina da vivenda. Ela mesma conseguira retirar á implicada da auga.

No operativo interviñeron Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Garda Civil. Os bombeiros do Porriño chegaron a desprazarse ata o punto, pero finalmenteno foi necesaria a súa colaboración.

Axentes da Garda Civil
Axentes da Garda Civil | Fonte: Garda Civil - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta