Rueda reivindica as catro maiorías absolutas de Feijóo en Galicia e ve "lóxico" que as queira ter en España

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2025 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

O titular do Goberno galego e líder do PPdeG, Alfonso Rueda, manifestou este luns que ve "lóxico e crible" o "compromiso" do presidente do PP nacional, Alberto Núñez Feijóo, de replicar en España as maiorías absolutas logradas en Galicia.

Despois de que este sábado nun acto dos populares na localidade coruñesa do Pino Feijóo reafirmase ante simpatizantes e militantes que recoñecerán "ao Feijóo das grandes vitorias", Rueda afirmou que ve "lóxico" que quen gañou "durante catro eleccións consecutivas por maioría absoluta en Galicia" lembre ese resultado "ante a xente que o apoiou" e teña "toda a intención" de obter "un apoio similar" cando sexan os comicios estatais.

Así se manifestou a preguntas dos medios este luns tras a reunión do Consello da Xunta. Para Rueda é "lóxico e crible" que quen gañou "moitas veces por maioría absoluta" traballe para repetir ese resultado, "con todas as dificultades e diferenzas que iso supón".

"Quen perdeu as eleccións, por exemplo as últimas, Sánchez ten moi difícil falar de vitorias. É lóxico e a min gústame que Feijóo queira gobernar España despois de gañar as eleccións e co maior apoio posible", reivindicou.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acode á rolda de prensa posterior á reunión do Consello.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acode á rolda de prensa posterior á reunión do Consello.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta