Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 06/06/2025 | Actualizada ás 18:58
O presidente do comité de empresa de Guidoni Quartz --dedicada á fabricación de taboleiros de aglomerados de cuarzo e granito--, Iván Gorgullo Díaz, comunicou a presentación por parte da compañía dun Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) que afectaría á totalidade do persoal da súa planta de Narón, alegando causas económicas e produtivas.
Segundo a información facilitada pola empresa, o ERTE tería unha duración de seis meses e permitiría manter operativa só unha das dúas liñas de produción existentes. O comité de empresa expresou un "firme desacordo con esta decisión", ao considerar que implicará "unha perda importante para as persoas traballadoras, tanto en termos de prestacións por desemprego como de ingresos económicos". Ante esta situación, "o comité non descarta ningunha acción de protesta, incluídas mobilizacións e a convocatoria dunha folga", como resposta á medida adoptada pola dirección da empresa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.