“Feijóo é xa o número 2 de Ayuso", sentencia José Ramón Gómez Besteiro

O secretario xeral do PSdeG afirma que Feijóo “non é quen de convencer nin tan sequera aos seus”.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2025 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou que o líder do PP nacional, Alberto Núñez Feijóo, "é xa o número 2 de Ayuso" e sinalou que a manifestación convocada este domingo polos populares en Madrid contra o Goberno de Pedro Sánchez "foi pegarse un tiro no pé".

En rolda de prensa este luns, o portavoz socialista asegurou que "o que quedou claro este domingo" foi que "a política de crispación, de barro, non é algo que sirva para este país". Tal e como reivindicou Besteiro, España "atravesa un bo momento económico e social grazas ás políticas progresistas do Goberno de España", o que, na súa opinión, "influíu na escasa convocatoria social".

"Cando organizas unha manifestación na que o que máis escoitas é 'Feijóo non e Ayuso si' ou 'Ayuso ti si que vales', o resultado é que Feijóo é xa o número dous de Ayuso. "A manifestación foi pegarse un tiro no pé", aseverou. Para Besteiro, este domingo a rúa lanzou "unha mensaxe clara": "que se asuman os resultados electorais e que a época de 'non fun presidente porque non quixo' xa pasou".

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, atende aos medios de comunicación durante o debate de estado da autonomía. César Martínez - Arquivo
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, atende aos medios de comunicación durante o debate de estado da autonomía. César Martínez - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta