Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2025 | Actualizada ás 11:10
O número de sociedades mercantís creadas en Galicia o pasado mes de abril situouse nas 464 compañías, o que supón un 12,6% máis que no mesmo mes de 2024, segundo datos publicados este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press. Esta cifra implica, ademais, un crecemento moi superior á media nacional, xa que no total de España naceron en abril 11.794 firmas, un 0,32% máis que un ano antes.
Con todo, o capital das novas empresas galegas quedou en algo máis de 11,8 millóns de euros, un 35,7% menos que en abril do exercicio previo. Todo el xa desembolsado. Así mesmo, 98 firmas galegas aumentaron capital, un 16,2% menos que en abril de 2024 e 22 reduciron capital, dous menos que hai un ano. Precisamente tamén dúas empresas galegas desembolsaron dividendos pasivos en abril. Por último, ata 85 compañías se disolveron en Galicia no cuarto mes deste ano, un 15% menos que en abril de 2024, sempre segundo as cifras do INE.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.