Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2025 | Actualizada ás 17:56
O deputado do BNG Iago Suárez preguntou á Xunta se "ten algo que ocultar" e por que "oculta" o Goberno galego a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, ao que o conselleiro de Cultura, José López Campos, respondeu "que parte da información fáltalle" aos nacionalistas.
No pleno do Parlamento, o deputado do Bloque referiuse, en concreto, a un plan de emprego, a outro de vivenda, e a outro para o recambio do sector vitivinícola. Tamén quixo saber "onde está a protección do románico".
Pola súa banda, o conselleiro considerou que o BNG "non busca información", senón "confrontación" no que entende como un "proxecto fundamental e estratéxico" e para o que reivindica un "compromiso social importante".
"Deixen de usar a Ribeira Sacra como un parque temático", espetoulle o nacionalista, ao que o titular de Cultura replicoulle que "sendo de Chantada" parécelle "incrible que veña a xogar cun tema tan importante".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.