Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2025 | Actualizada ás 17:23
O BNG tachou de "insuficientes" as explicacións ofrecidas este xoves polo secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, tras transcender o informe da Unidade Central Operativa (UCO) previo á dimisión do secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán. O que reclama a formación nacionalista eran explicacións "completas", "non só como secretario xeral, senón tamén como presidente do Goberno, porque isto afecta á Administración do Estado, particularmente ao Ministerio de Transportes". "Como presidente debe render contas con total transparencia", defenden.
Así as cousas, esixen a Pedro Sánchez que realice "de forma inmediata" unha auditoría externa de todos os contratos do Ministerio de Transportes nese período, así como a posta en marcha dun paquete de medidas eficaces contra a corrupción na Administración Pública.
Solicitan tamén transparencia "total" e depuración de responsabilidades en todos os niveis políticos e administrativos. "O BNG defenderá sempre a limpeza institucional e o uso honesto dos recursos públicos, sen concesións nin ambigüidades", aseveran.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.