O BNG esixe ao Goberno aumentar ao 50 % o financiamiento da Lei de dependencia, como compremeteu no acordo da investidura

"Aínda que o orzamento en materia aumentou tras a firma do acordo de investidura, o Estado segue sen alcanzar a porcentaxe comprometida, situándose por baixo do que marca a lexislación vixente", apuntou o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2025 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, formulará na próxima sesión de control ao Goberno central unha pregunta dirixida ao Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 para esixir o cumprimento do compromiso de que o Estado asuma o 50 % do financiamento das accións previstas na Lei de atención á dependencia. Nun comunicado, o BNG lembrou que esta é unha das medidas recollidas no acordo de investidura. Por iso, preguntará cales son as previsións do Goberno para cumprir o compromiso de financiamiento do 50 % das accións previstas na Lei de atención á dependencia.

O deputado de BNG, Néstor Rego, durante un pleno no Congreso dos Deputados, a 10 de xuño de 2025, en Madrid
O deputado de BNG, Néstor Rego, durante un pleno no Congreso dos Deputados, a 10 de xuño de 2025, en Madrid | Fonte: Fernando Sánchez - Arquivo


Rego reclamará que o Executivo que dirixe Pedro Sánchez "cumpra a legalidade" e tamén os "compromisos políticos" asumidos co BNG. "Aínda que o orzamento en materia aumentou tras a firma do acordo de investidura, o Estado segue sen alcanzar a porcentaxe comprometida, situándose por baixo do que marca a lexislación vixente", apuntou Rego. "É hora de que o Goberno do Estado cumpra coa súa parte, tanto a legal como a política", remarcou o deputado nacionalista, á vez que incidiu en que a dependencia "non pode depender" exclusivamente do esforzo das comunidades autónomas e dos concellos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta