Ángeles Vázquez acusa ao Goberno de non dar un trato "igual" a Galicia por non achegar fondos ao proxecto de Altri

A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, Sara Aagesen, garantiu que o proxecto da pasteira lusa Altri en Palas de Rei "non vai contar con axudas por parte do Estado"

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 25/06/2025 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, esixe ao Goberno central que se trate a Galicia "igual" que outras comunidades para a instalación de proxectos industriais como o de Altri.

Nunha visita a Vigo este mércores, a vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, Sara Aagesen, garantiu que o proxecto da pasteira lusa Altri en Palas de Rei "non vai contar con axudas por parte do Estado". "Entendemos que temos que sempre avogar por proxectos que teñan garantías ambientais", deixou claro.

Preguntada por estas declaracións, a conselleira de Medio Ambiente da Xunta reclamou "que se trate a Galicia e os proxectos que se vaian a instalar en Galicia igual que se se fosen a instalar noutro lugar que non sexa Galicia".

Tras unha reunión esta tarde entre ministra e conselleira na cidade olívica, Ángeles Vázquez sinalou que lle trasladou á responsable de Transición Ecolóxica "que estea perfectamente tranquila e segura de que todas esas declaracións de impacto ambiental que saen favorables ou desfavorables de Galicia cumpren estritamente coa lexislación vixente".

O proxecto de Altri en Palas obtivo declaración ambiental favorable por parte da Xunta, pero obtivo a segunda peor puntuación entre todos os presentados ao Perte (plan de recuperación, transformación e resiliencia) de Descarbonización Industrial por cuestións como o uso de combustibles fósiles.

"Os únicos que estamos a traballar é a Administración autonómica", defendeu a conselleira de Medio Ambiente, pois se queixa de que "corren ríos de tinta políticos e ideolóxicos desde o Ministerio".

Finalmente, Ángeles Vázquez expuxo que o Executivo autonómico segue na súa "senda" de "valorar o traballo que fan os funcionarios, que son independentes, que poden estar cun presidente ou con outro presidente pero que cumpren estritamente a lei".

Proposta de cinto verde en torno a megacelulosa, proposta por Altri / Remitida - Arquivo / Europa Press
Proposta de cinto verde en torno a megacelulosa, proposta por Altri / Remitida - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta