Castelao e Intelixencia Artificial: unha exposición que resucita ao artista

Este xoves abre a exposición, ubicada no Museo Centro Gaiás.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2025 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

O Museo Centro Gaiás acollerá desde este xoves 26 de xuño a exposición 'Castelao. Mirar por Galicia', a experiencia tecnolóxico-cultural "máis avanzada ata o momento" arredor de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, de cuxo falecemento se cumpre este ano o 75 aniversario, efémeride que se aproveita para celebrar o Ano Castelao. Neste contexto, preséntase este percorrido que "atravesa o devir persoal, literario, artístico e político dunha das figuras máis singulares da historia de Galicia" da man da Intelixencia Artificial, que permite traer a Castelao ao século XXI.

A instalación incluirá, ademais de obxectos e debuxos orixinais, unha experiencia inmersiva con videoproxección cúbica e son cadrafónico: un resumo do periplo vital e creativo de Castelao, relatado en primeira persoa, que presenta unha selección de obras do autor dotadas de vida mediante técnicas de animación 3D e intelixencia artificial nunha recreación artística do seu espírito creativo, "sen perder o rigor documental no relato". Ademais, poderase escoitar a voz do intelectual a partir dun proceso que une o traballo de actores e locutores profesionais, a aplicación de tecnoloxía de intelixencia artificial e o único documento sonoro conservado da voz de Castelao: a mensaxe que gravou en fonopostal na Central de Correos de Buenos Aires pola estrea de 'Vos lanuxes non deben de namorarse' en Montevideo en 1941.

O proxecto contou coa asesoraía e dirección histórico-artística do presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane. A produción recaeu no estudo Maxina, empresa galega especialista no deseño de efectos visuais, animación 3D, visualización e experiencias inmersivas, fundada polos irmáns Noela e Carlos Seijo.

Alba de Gloria de Castelao
Alba de Gloria de Castelao | Fonte: Consello da Cultura

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta