Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2025 | Actualizada ás 16:24
Un dos detidos pola súa participación na pelexa, do 3 de xuño, na praza de Barcelos e na que resultaron feridas por arma branca varias persoas, provocou un incendio na súa cela no centro penal da Lama.
Segundo informou o sindicato Acaip-UXT, este recluso plantou lume ás súas roupas e a un colchón dentro da cela xerando unha "densa fumareda tóxica" que puxo en situación de "grave risco" tanto a súa integridade física como a do resto dos seus compañeiros e funcionarios.
A galería na que se atopa a cela tivo que ser desaloxada e o incidente resolveuse sen danos persoais debido á rápida intervención dos funcionarios de servizo, segundo detallaron os representantes sindicais de Acaip-UXT.
O causante do incendio foi trasladado ao departamento de illamento onde lanzou unha puñada á cara a un dos funcionarios cando realizaba o rexistro regulamentario. O detido é un home, de orixe colombiana, está considerado como recluído moi perigoso e atópase en prisión provisional investigado por lesións graves e homicidio en grao de tentativa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.