Tráfico "vai ir con todo" para garantir a seguridade en ralis e concentracións moteiras en Pontevedra

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 04/07/2025 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O comandante do Subsector de Tráfico da Garda Civil, Miguel Martínez, indicou que máis do 90% de ralies, subidas e concentracións moteiras que se celebran na provincia de Pontevedra desenvólvense "sen novidade", pero tamén hai outras nas que o cumprimento das normas é "mellorable".

Para garantir a seguridade e o cumprimento das normas advertiu que a Garda Civil de Tráfico "vai ir con todo este verán, con xente de todos os destacamentos e ata con reforzos se é necesario". Ademais, pediu aos organizadores de ralis unha especial atención aos desprazamentos "intertramos", dado que é nestas estradas onde se producen condutas como as sancionadas no recente Rally de Pontevedra.

O comandante Martínez participou este venres na reunión convocada polo subdelegado do Goberno, Abel Losada, á que acudiron 8 escuadras automobilísticas e outros 7 motoclubs, cun total de 25 persoas participantes. Na reunión, a primeira destas características, participou tamén a xefa provincial de Tráfico, Paula Yubero que alertou de que o 50% da mortalidade nas estradas interurbanas da provincia correspóndese con usuarios vulnerables e, especialmente, con motoristas.

Neste encontro, o subdelegado pediulles axuda e o "máximo esforzo" para garantir a seguridade viaria na "periferia" dos eventos do motor, é dicir, tanto nos desprazamentos como nos comportamentos fóra da programación oficial.

Control no rallye de Narón
Control no rallye de Narón

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta