Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/07/2025 | Actualizada ás 19:30
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou que o presidente do Goberno e líder do PSOE, Pedro Sánchez, "tenta maquillar" o seu "goberno de prostitución" situando a mulleres nos cargos de dirección do partido, "dicindo que vai cambiar aos que consumían prostitución por feministas".
En declaracións aos medios no Congreso que o PP celebra este fin de semana en Madrid, o 'número dous' do PP galego insistiu en que o PSOE está "en descomposición" e "en decadencia".
Nesta liña, asegurou que "xa non hai nada que tape a corrupción que ten encima o PSOE e o Goberno", polo que considerou que é "importante" que Sánchez "dea un paso ao carón e convoque eleccións".
"É o momento de tomar partido, por España e por Galicia", reivindicou Prado, tal e como reflicte a lema do Congreso, despois de aseverar que os populares galegos están "moi contentos" porque Galicia "está moi ben representada", cun presidente nacional galego, Alberto Núñez Feijóo, e un secretario xeral galego, Miguel Tellado.
Ademais, Paula Prado puxo en valor que Alfonso Rueda é o presidente autonómico "con máis porcentaxe de voto" de todos os titulares de gobernos de comunidades e tamén celebrou que a presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, estea na Mesa.
Tamén lembrou a participación do expresidente do Goberno Mariano Rajoy que, en opinión da secretaria xeral do PPdeG, "tamén mostra o que é o PP" e o que Galicia "achega ao PP": "Sentidiño e boa xestión".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.