Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/07/2025 | Actualizada ás 16:33
A Asociación SOS Desaparecidos pide colaboración para atopar a un mozo de 16 anos desaparecido desde este domingo no concello lucense de Monforte de Lemos. Segundo informou SOS Desaparecidos, o mozo, Adrián Martínez Díaz, mide 1,70, ten complexión delgada, pelo negro, ollos castaños e leva brackets. Con todo, a Asociación activou este luns a alerta tras recibir a chamada da familia do novo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.