A papeleta de En Marea non lle chegou aos emigrantes de Pontevedra

Un colectivo de emigrantes pídelle explicacións a Xunta Electoral Central que recoñece erros no envío das papeletas dos censados nesta provincia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/06/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

“Hoy me han llegado por correo las papeletas para votar desde el extranjero y con estupor descubro que se 'han olvidado' de meter una de las papeletas... y a qué no sabéis cuál es la que falta? 
Del PP tengo dos...
‪#‎quecasualidades‬ ‪#‎metodosrastreros‬ 
‪#‎alguientienemiedodelvotoextranjero‬”

Críticas pola falta da papeleta de En Marea no envío da Xunta Electoral aos emigrantes
Críticas pola falta da papeleta de En Marea no envío da Xunta Electoral aos emigrantes


Deste xeito denunciaba a través da rede social de FB unha emigrante de Pontevedra a falta da pepeleta de En Marea- Unidos-Podemos para exercer o seu dereito o voto nas vindeiras eleccións xerais. O seu comentario non pasou desapercibido porque outros emigrantes desta provincia tamén certificaron o mesmo erro.

Esta situación era denunciada, posteriormente, por Marea Granate, un colectivo de emigrantes no exterior, tamén a través das redes sociais, que lle pedía ao Goberno español que enmendara esta situación:

Ola Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España e Ministerio do Interior: emigrantes procedentes de Pontevedra non reciben as papeletas completas. Xa nos chegaron varios casos.
Non hai tempo para segundos envios a tempo xa; que fan estas persoas para poder votar?
?#?VotosRobados?

Marea Granate é un movemento transnacional formado por emigrantes do estado español que loitan, desde fóra, “contra as causas que provocaron a crise económica e social que nos obrigaron a emigrar ou non nos permiten volver ao noso país”. Pouco despois, a Xunta Electoral recoñecía o erro.

O CERA impídelle votar a un emigrante, a pesar de estar en prazo
O CERA impídelle votar a un emigrante, a pesar de estar en prazo

“La junta electoral acaba de confirmar que se trata de un error de imprenta, así que mi caso no es una excepción, es la norma... la junta electoral de Pontevedra no envía al extranjero la papeleta de Marea/Podemos/EU. Con un par”, escribía a mesma emigrante que se queixara deste erro pouco despois no seu perfil de FB.

O número total de residentes ausentes (censo CERA) ascendeu a 1.926.490 a 1 de marzo de 2016, dos cales unicamente o 8,05% rogaron o voto. Por iso, o Colectivo Marea Granate cre que, tras a experiencia en anteriores comicios, nos que os atrasos na entrega das papeletas foi unha constante, a participación do voto emigrante nas próximas xerais estará por baixo deste de seu modesta porcentaxe.

“Estas cifras explícanse coas dificultades de rexistro no Consulado, que esixe desprazarse ao mesmo (o que nos casos máis graves implica percorrer distancias de miles de quilómetros), horarios restrinxidos de atención ao público que a miúdo coinciden coas horas de traballo de moitos emigrados, ao peche do censo máis de tres meses antes da cita electoral (o que deixa fóra a moitas máis persoas) e, por último, á falta de información que existe sobre o procedemento para rogar o voto e os prazos”, critica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

4 Comunista

Porén, a papeleta dos sicarios de España contra as Mareas aí está, de primeira. Qué casualidade.

1 Comunista da OTAN

Pero existen as Mareas? non son Podemos e asociados?. Porque non é mais sensato pensar que é unha burda manobra orquestal de distracción na percura do voto emigrante soberanista ou galeguista despistado?. Comunista de Podemos? ti te odias, nonsi?

2 Comunista

Pero existe o BnG? Non son o PP-Psoe e Abanca á que debe pufos? Porque non é mais sensato pensar que é unha burda manobra orquestal de distración na percura do voto soberanista ou pseudoindependentista despistado? "Independetista" do MGS, sabes que és un esbirro vendido da UPG?

3 Hiena Pérfida

Amigo da FPG, non sei que fumas pero deberías reducir a dose, que che fai moito mal.

3 Brutus Maginificus

Xa, a traballar o victimismo e a persecución política, coma se non foran mais do mesmo. Vaia feixe de mediocres e ignorantes da política que por medio de Podemos e marcas brancas mareillas entran a trincar. Infectados da "titulitis" franquista, pensan que por ter unha carreira xa están capacitados para facer política. Noxento, xente coma a cabeza de lista por Ourense Brutus Bruzos, que nin coñecen o programa do seu partido, ainda que sexa unha das poucas propostas claras do programa podemista. Podemos, está a favor de reimplantar e incrementar o imposto encol das sucesións, ignorante!

1 Trementes

¡¡¡Que medo de Bruto!!! Agora istos ultras estrelados xa non falan da vaquiña roubada como dician das esquerdas antes, agora acusan de franquismo as que xe fartaron de pasar polo aro do nazonalismo rancio e buscan novas cousas. Seguide tremendo metidos nas vosas derradeiras fortalezas o futuro os da as costas

2 dxmt

Logo, non é herencia franquista censurar toda crítica, sen razonamento algún? Meu, sen animo de increpar, eu xa vin e vivín esta película da transición gatoparda (con chupa de pana ou coleta9 cando Franco nomeou a dedo ao primeiro Borbón. Ningunha gaña teño de ver a versión actualizada 2.0. Semellame ben que algún se onanice compulsivamente coa neo transición do fillo do rei de copas que semella mais formal co paí, pero o uneco que mudaron do franquismo, foi de nome. Se a nova política é mais Expaña, monarquia, UE, euro, debeda impagable OTAN e mini reformas keynesianas imposibles nun mundo globalizado , pois...podes chamarme "viejuno"

2 Xesús Fdez.

Erro? Eu non o creo. Mais ben, tendo en conta quen goberna e corrompe, creo nas instruccións.

1 Ted Flanders

Que mais dá! a galiza e aos galegos esa papeleta vailles servir o mesmo...que nin se molesten en votar é perder o tempo, sairá ganando como sempre albacete, cáceres, miranda de ebro...que voten eles!!!!

1 Flipa Neno

Pobre nazonalista que prefire que a xente non vote antes que voten o que lle gusta a él. Así se fan as cousas e asi caen as mascaritas dos que pensan que o mundo e isa cousa absurda con banderita que teñen na cabeza. Un síntoma máis do apodrecemento do ultranazonalismo neofascista que tanto dano fixo a iste pais.

2 Balbino

Siiiii fixo un dano o nacionalismo galego, buffff canto dano Dios mío.