O galego, primeira batalla

A lingua ameaza con converterse na primeira batalla entre Feijóo e sindicatos e movementos sociais...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 05/03/2009 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

A volta dos grupos do bipartito á oposición ben de despertar a actividade de sindicatos e asociacións, especialmente, a CIG, quen xa anunciou mobilizacións para evitar a derogación deste decreto. Tamén dende a Mesa iniciarán unha campaña para contrarestar o que consideran unha "volta atrás" na normalización lingüística.

A espera de que se concreten as políticas en materia lingüística, dende os sectores nacionalistas non descartan a celebración de manifestacións, semellantes á que en periodo electoral convocou a asociación Galicia Bilingüe, pero no senso complentamente oposto. Precisamente, estes sectores acusan aos populares de ser o brazo executor das peticións da asociación que preside Gloria Lago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

20 o jato que te da polo cu

este anonimo te a variña maxica para todo ...dios seras dios ...xa falas como o frajuas...que ese sabia de todo...puña unha vela a franco e outra o rei si pareceste moito...o da prensa filliños pois tera crise eu xa non mercarei mais prensa xa ves tantos anos pasaron e non pon nada en galego e eu teño 104 xa non sei otra lingua ca galega e ca miña edade non vou ir a escola a peder o tempo co castelan que te parece non fun a escola xa sabes cando habia veu a guerra civil e xa se acabou a miña escola solo sei galego e me entenden en portugal no si ...??e de vacacions no brasil non se esta mal pero si que valoran os galegos que falan en galego no brasil por que sera dimo anonimo das pelotas...

19 anónimo

E concordando con isto, non pensa alguén que os profesores deberiamos ter algo que dicir no asunto? O problema é que somos tan mandados que non se protesta. No ensino hai mil problemas antes, como xa dixen nos dous primeiros post deste fío (autoridade, motivación, falta de compromiso de algúns/moitos pais e administraciçon, etc...)

18 Rainer_Werner_Fassbinder

GC entendo que no artigo deberias insertar o termo "nacionalistas" cando te refires a probable belixerancia idiomática sindical.

pois ben, poida que así sexa e finalmente acabe por ocorrir. se finalmente así fora, estou seguro que a clase obreira galega, teríamos que lamentarnos unha vez máis ante a actitude incoherente de certas organizacións sindicais por actuar segundo quen goberne.

nestes momentos o principal problema dos traballadors galegos non é o idiomático. esas organizacións politiqueiras perseguen únicamente escenificar frontismos artificiais que nada ten que ver coas principais preocupacións dos traballadoras.
son esas actitudes propias de certos sindicalismos de salón e mesa camilla que soio perseguen estar ao servicio dunha determinada clase politica sen importarlles os traballadores máis que para utilizalos nesas liortas inventadas.

17 La Fonsagrada

E agora virán todos os intentos de Galicia Bilingüe por desvincularse do PP Para elo que faran??? Darlles caña en público e festexalo en privado. A mesma táctica macabra que a AGLI empregaba co seu amigo Fraga, así mentres estes parecían moderados, os resultaros dixeron que a nosa cultura quedou tocada de morte.

16 Carlinos

A primeira, das que serán moitas, manifestación xa está a piques de ser convocada http://www.anosaterra.org/nova/mani...