O galego, primeira batalla

A lingua ameaza con converterse na primeira batalla entre Feijóo e sindicatos e movementos sociais...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 05/03/2009 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

A volta dos grupos do bipartito á oposición ben de despertar a actividade de sindicatos e asociacións, especialmente, a CIG, quen xa anunciou mobilizacións para evitar a derogación deste decreto. Tamén dende a Mesa iniciarán unha campaña para contrarestar o que consideran unha "volta atrás" na normalización lingüística.

A espera de que se concreten as políticas en materia lingüística, dende os sectores nacionalistas non descartan a celebración de manifestacións, semellantes á que en periodo electoral convocou a asociación Galicia Bilingüe, pero no senso complentamente oposto. Precisamente, estes sectores acusan aos populares de ser o brazo executor das peticións da asociación que preside Gloria Lago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

15 Corre vai e dille

E verdade que sinaturas presntaron muitas. Entre elas todos os DIN A4 cheos de firmas que tiñan as AAVV que supostamente levou enganadas Quin o seu Mítin.

14 Daniel

Eu teño un neto de 4 anos e fala galego de carretilla, un pouco de inglés e castelán. Cando un é neno fala o que lle boten sen esforzo ningún. Polo tanto non esforcedes os neniños, gardádeos emboltos en algodón para que mañán non queiran facer nada e sexan uns lacazáns.

13 Furna

Guste ou non, eu penso que un dos elementos que fixo á xente votar ao axente 009 foi o do galego que moitos castelán falantes percíbenno como una imposición e contra o que mais se quere, os nosos fillos. Algunha vez escoiteille a un Paco que a batalla polo galego nas cidades estaba perdida. Coido que os resultados das eleccións non o desminten.

12 anonimo

que será de Oscar,seguro que nos lee,el tan seguro de que ganaria Tontiño por mayoria absoluta jaja.En fin,saludos Oscar que se que estás por ahí.

11 anónimo

EStá ben, non ter ningún decreto se todos os galegos foramos patriotas e falaramos en galego... non ter policía si todos foramos honrados, non ter xuíces polo mesmo, non ter atascos porque usamos todos o transporte público, e si a miña tía tivera rodas, sería unha bicicleta. Ademáis, cada vez me da máis desacougo a palabra patriota, gústalle moito a todos os semi-fascistas (Bush, Aznar, PAco Rodríguez..). E que patriotas son os bós, os galegos ou os españois, ou os que nun bipatriotismo armónico son 50% galegos e españois? E quen da o carné de galego, ou o de patriota?