O galego, primeira batalla

A lingua ameaza con converterse na primeira batalla entre Feijóo e sindicatos e movementos sociais...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 05/03/2009 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

A volta dos grupos do bipartito á oposición ben de despertar a actividade de sindicatos e asociacións, especialmente, a CIG, quen xa anunciou mobilizacións para evitar a derogación deste decreto. Tamén dende a Mesa iniciarán unha campaña para contrarestar o que consideran unha "volta atrás" na normalización lingüística.

A espera de que se concreten as políticas en materia lingüística, dende os sectores nacionalistas non descartan a celebración de manifestacións, semellantes á que en periodo electoral convocou a asociación Galicia Bilingüe, pero no senso complentamente oposto. Precisamente, estes sectores acusan aos populares de ser o brazo executor das peticións da asociación que preside Gloria Lago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

10 As Vesadiñas

Metestes a un Goberno na Xunta de carallo, agora ides saber o regular que o fixo o bipartito. Feijoo vai pedir a Madrid mais policia pra dar zurra na rúa.

En canto ao galego, eu coido de algunha maneira, que sería o desexabel non ter ningún decreto se todos os galegos foramos patriotas e falaramos en galego, pero aquí séguese a pensar que falar galego e de xente pouco culta, paleta e mesmo vergoñenta, e pramin e o rivés.

9 Pomponio

Referíame á Deputación de Louzán (POntevedra)

8 Pomponio

En primeiro lugar creo que os de GAlicia Monolingüe apresentaron non máis de 10.000 sinaturas.
En segundo lugar, ao comentario de si Habichuelo é homosexual, non. Vive coa súa noiva dende que estivo no Ministerio en madrid. Ou polo menos compartía casa con ela. Supoño que pola súa moral durmirían en camas separadas e a respetaría.

Finalmente, con respecto á CIG, non foi precisamente blanda co BNG, pero eu quero veer aos aves de rapiña de CCOO e UGT agora. Criticarán os criterios de selección da Deputación de Lugo? Seguirán a face de alfombras do neoliberalismo? Deste ssi que non espero nadinha.

7 Roi

Eu poño en dúbida o das cen mil firmas, xa que en maio presentaran só 2000, despois da campaña en todas as cidades galegas.

6 Costadamorte

¿Queren guerra?...
Pois terán guerra...
Por certo, non se pode decir sin mentir que os movementos sociais estiveron desactivados perante o bipartito...
¿Non incordiou abondo a CIG as consellerías do BNG?...
¿Non se celebrou unha manifa de Galiza non se Vende contra as políticas do bipartito en plena campaña electoral?...
¡Pois si as políticas do bipartito parecíanlle antiprogresistas ao sindicalismo nacionalista e aos grupos ambientalistas, o lóxico é que as do PP as vexan moito peor!...