O novo goberno de Forcarei denuncia que o anterior ten "secuestradas" as redes sociais do Concello

Nun comunicado, o portavoz do goberno municipal, Alejo Vidal, lamenta esta "actitude obstrucionista e infantil" do PSOE local e a exalcaldesa, Verónica Pichel, á que acusa de "falta de respecto institucional enorme", "sectarismo" e "autoritarismo".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 07/08/2025 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

O novo goberno local de Forcarei, xurdido da moción de censura da semana pasada, denuncia que o seu antecesor ten "retidas e secuestradas" as redes sociais oficiais do Concello, o que "impide que se traslade" información pública aos veciños. Nun comunicado, o portavoz do goberno municipal, Alejo Vidal, lamenta esta "actitude obstrucionista e infantil" do PSOE local e a exalcaldesa, Verónica Pichel, á que acusa de "falta de respecto institucional enorme", "sectarismo" e "autoritarismo".

Segundo o novo goberno, capitaneado pola popular Belén Cachafeiro, desde o pasado venres tentaron contactar "de maneira insistente" tanto con Pichel como con xente do seu equipo para que transferise o control da páxina oficial de Facebook do Concello, "que é unha canle de información moi útil e áxil, xa que a seguen 4.000 persoas, entre as que se atopan a práctica totalidade dos veciños". Con todo, Vidal asegura que "nin colle as chamadas, nin atende as mensaxes e a xente do seu goberno --do da exalcaldesa-- non sabe nin que dicir". "Algo que nos estraña bastante, porque non cremos que o control o tivese ela soa", engade.

O novo goberno di que Pichel "ten dereito a irse de vacacións", pero que "antes tiña que deixar os deberes feitos ou responder as mensaxes e facer un simple clic no seu móbil" para pasarlles a conta, que --lembra-- foi creada polo PP e en 2019 traspasouse ao PSOE "ao día seguinte da investidura". Vidal considera que Pichel "debe estar moi enrabietada e por iso se nega" a pasar as contas dun perfil que o Concello, co seu novo equipo á fronte, ten que manexar "para informar os veciños". No caso de que non o faga, ameaza con "tomar outras medidas".

Belén Cachafeiro, do PP, recupera a Alcaldía de Forcarei ao prosperar a moción de censura
Belén Cachafeiro, do PP, recupera a Alcaldía de Forcarei ao prosperar a moción de censura | Fonte: PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta