Convocadas 50 prazas do curso de diplomado en saúde pública con acreditación nacional

O curso estrutúrase en 200 horas teóricas na modalidade de teleformación e 75 horas prácticas, coa realización dun traballo final. A defensa do traballo final, nun acto presencial, realizaranse os días 21 e 22 de setembro do ano que vén.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2025 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

A Xunta publicou, a través do Diario Oficial de Galicia (DOG), a convocatoria do curso de Diplomado en Saúde Pública que se realizará a través da Escola galega de saúde pública e da Axencia galega de coñecemento en saúde (ACIS), acreditado pola Escola nacional de sanidade e con validez en todo o territorio nacional.

Segundo trasladou nunha nota de prensa, o obxectivo deste curso é "proporcionar ao profesional da saúde un coñecemento máis profundo das diversas disciplinas da área da saúde pública e dar a coñecer os instrumentos imprescindibles que se utilizan para a interpretación, control e avaliación dos problemas de saúde". Nesta liña, o curso estrutúrase en 200 horas teóricas na modalidade de teleformación e 75 horas prácticas, coa realización dun traballo final.

A parte teórica desenvolverase o tres de novembro de 2025 ao 25 de maio de 2026. A defensa do traballo final, nun acto presencial, realizaranse os días 21 e 22 de setembro do ano que vén. Para poder cursalo deberase ter a licenciatura, diplomatura ou grao universitario ou equivalente no sector sanitario ou ser profesional titulado universitario que desempeñe funcións no ámbito sanitario no momento de finalizar o prazo de presentación de instancias. Así, as solicitudes poden presentarse a partir deste venres ata o 30 de setembro.

Ordenador
Ordenador | Fonte: EP - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta