Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2025 | Actualizada ás 19:07
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a presidenta do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG), Sonia González Rodríguez, asinaron un convenio de colaboración para pór en funcionamento o 'Proxecto Aloumiños', de prevención da soidade non desexada. Segundo trasladou a Xunta nunha nota de prensa, para levar a cabo esta iniciativa, o departamento sanitario achegará 127.000 euros, e impulsará este proxecto a través da promoción de hábitos e contornas saudables.
Así, o obxectivo é "aumentar a calidade de vida e o benestar asociado ás relacións interpersoais e o apoio social, así como a diminución dos sentimentos de soidade, a mellor adherencia aos tratamentos e unha menor frecuentación dos servizos sanitarios". Esta prevista a súa implantación nos municipios de Cerceda, Ordes, Tordoia, Trazo, A Laracha, Coristanco, Carballo, Val do Dubra, As Somozas, Moeche, Neda, San Sadurniño, Abegondo, Mesía, Frades, Carral, A Pastoriza, Pol, Riotorto e Meira.
Desta maneira , neles formaranse grupos compostos por persoas en situación de soidade non desexada detectados desde os centros de atención primaria. Estarán dirixidos por persoal especializado para a realización de actividades de sesións de benestar emocional e "fomentar as relacións veciñais e o acompañamento" das persoas que vivan soas en situación de soidade non desexada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.