O descanso de tripulacións de Air Nostrum obriga a cancelar dúas conexións con Madrid nos aeroportos de Santiago e A Coruña

Os viaxeiros afectados foron trasladados por estrada e acomodados noutros voos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2025 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

Dúas conexións con Madrid desde os aeroportos da Coruña e Santiago foron canceladas na mañá deste luns por "razóns operativas", segundo explicaron a Europa Press fontes da aeroliña Air Nostrum. Así, cancelouse o voo que tiña saír ás 6.30 horas da terminal de Alvedro con destino á capital madrileña. Igualmente, cancelouse o voo Madrid-Santiago que tiña que saír de Barajas ás 7.25 horas e, en consecuencia, tamén quedou cancelado o voo que tiña que saír de Santiago ás 9.20 horas con destino a Madrid. Fontes da aeroliña explicaron a Europa Press que o motivo destas cancelacións foron "razóns operativas", en concreto, por descanso das tripulacións. As mesmas fontes sinalaron que os viaxeiros afectados foron trasladados por estrada e acomodados noutros voos.

Air Nostrum, nunha imaxe de arquivo
Air Nostrum, nunha imaxe de arquivo | Fonte: AIR NOSTRUM - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta