A Xunta organiza unha visita de 'bloggers' a A Veiga (Ourense) para promover o destino Starlight de Trevinca

Un grupo de catro 'bloggers', dous fotógrafos e un xornalista especializado en información turística visitan esta fin de semana o concello ourensano de A Veiga para coñecer o destino 'Starlight' de Trevinca e a oferta relacionada co turismo de natureza, o senderismo e o BTT deste macizo galego.

OURENSE | 02/07/2016 | Actualizada ás 14:54 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un grupo de catro 'bloggers', dous fotógrafos e un xornalista especializado en información turística visitan esta fin de semana o concello ourensano de A Veiga para coñecer o destino 'Starlight' de Trevinca e a oferta relacionada co turismo de natureza, o senderismo e o BTT deste macizo galego.

Segundo informou a Xunta, os 'bloggers' chegaron este venres a A Veiga, onde foron recibidos polo alcalde, Juan Anta, e por responsables de promoción turística do concello.

Este sábado está previsto que coñezan o ámbito glaciar do Macizo de Trevinca, con vista ás lagoas de Ocelo e A Serpe, así como a oferta náutica e de ocio do encoro de Prada. Pola noite, poderán participar nunha observación comentada de estrelas dende Valdín.

O domingo pola mañá, antes de concluír a viaxe, está prevista unha visita ás lagoas de Tablillas e un circuíto BTT pola Senda Verde do río Xares.

Dende o pasado verán, o Macizo de Tevinca, xunto coas Illas Cíes, conta coa distinción de 'destino Starlight', unha clasificación de lugares visitables que gozan de gran calidade para a contemplación de ceos estrelados.

PROMOCIÓN

Turismo de Galicia e o Instituto Ourensano de Desarrollo Económico (Inorde) achegarán 72.500 euros para a dinamización turística do geodestino Manzaneda-Trevinca, segundo o convenio asinado entre ambos os dous organismos.

As accións a desenvolver teñen como obxectivo poñer en valor o turismo nesta zona, mellorando a cualificación dos recursos humanos, a imaxe política de comunicación, a promoción e a comercialización do destino mediante o deseño de novos produtos baseados no turismo deportivo, ornitolóxico, astronómico, gastronómico, enológico, industrial, familiar, cultural e o ecoturismo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA