A influencia da Voz nas eleccións do 1M

Despois das críticas dos principais dirixentes do nacionalismo cara ao papel de La Voz de Galicia durante a pasada campaña electoral, hai quen xa se encargou de facer un informe sobre o impacto que as informacións deste xornal tiveron nas pasadas eleccións autonómicas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/03/2009 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

None

O nivel do retroceso, medido en porcentaxe do censo electoral (non de votos emitidos), é maior nas catro comarcas da provincia da Coruña nas que máis se le La Voz. A partir de aí e con audiencias decrecentes figuran o resto de comarcas orgánicas do BNG, primeiro as do resto da Coruña e finalmente as da área de influencia de Vigo. Seguindo esa ordenación, case en paralelo á distancia en Km á cidade coruñesa, atopamos, en xeral, caídas moito menores e mesmo algúns incrementos. As principais excepcións a esta correlación case lineal entre incidencia de La Voz e retroceso do BNG atopámolo nas comarcas máis urbanas, desenvolvidas e españolizadas.Ademais apunta causas e culpables:

Visto isto xa me tarda que todas aquelas persoas, de dentro e de fóra do BNG, que pretenden empregar os resultados das eleccións autonómicas para xustificar, só onde lles interesa, relevos na cabeza das candidaturas municipais do Bloque, comecen por asumir a súa responsabilidade na adopción dunha estratexia política (concurso eólico) e mediática (lanzamento inoportuno de Xornal) que foi a que en realidade condenou ao BNG a eses resultados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

14 un

Imaxinade que na vez das cadeiras e dos audis, na vez de falar do concurso eólico de quin e da imposición del gallego.. o maior medio de comunicación galego se adicase a loubar o impulso ó galego que significan as galescolas e o decreto do galego. O bó que é para o pais un concurso eólico limpo na vez das adxudicacions a dedo do impresentable goberno anterior, o derroche blindado co goberno en funcións que foi a cidade da cultura, a corrupción do PP coa compra de tránfugas en Mos a 6 semanas das eleccións, os chanchullos do PP nas deputacións de Baltar e Louzán, a impresentable lista de ourense da que cae un corrupto con conta nas illas caiman a 4 semanas das eleccións. E ás 24 horas das eleccións dicir que o director de enerxia eólica de iberdrola que se queixa do concurso eólico foi o director xeral de enerxía con Fraga e que está en Iberdrola porque iberdrola e xestión enerxética no fraguismo viña a ser o mesmo (vamos connivencia co empresariado, pero en plan ben, non coma quin nun iate)...
Se istas verdades coma puños saesen na prensa con difusión, un día sí e outro tamén, sen publicar as excusas e desmentidos dos do PP claro, salvo para voltalos atacar con máis forza, un día tras outro ata o mesmo día das eleccións...
Sacaría Feijoo maioría absoluta?

13 rocinante

Moito máis, entre Breogán e EspartaQuín non houbo líderes neste país.

12 marcuse

Eu creo que a culpa non é só da Coz. En realidade a culpa é dese 84% de galegos que se deixou lavar o cerebelo e non apoio ao noso Quintana, o mellor líder político dos últimos 150 anos.

11 rocinante

Eu teño unha estatística máis elemental:

+ UPG = - votos

10 anónimo

A ver, si temos ao señor Lobeira botando do Parlamento a López-Chaves (vaia dous) por Galiza-Galicia, aos da Mesa (vaia tropa) tentando poñer multas por non empregar o galego (si se fai en portugués, non pasa nada), aos que dicían que nada de chanchullos nin chiringuitos, aos do carné (todos coñecemos a algún) entrando na Xunta vía galescola/consorcios/vicepresidencia, a algún vago sen días cotizados(todos coñecemos a algún) dicindo todo cheo "agora mandamos nós"... COMO CARALLO QUEREN QUE A XENTE OS VOTE, NIN VOZ NIN POLLAS, É UNHA CUESTIÓN DE FORMAS, CUMPLIR A PALABRA, BÓS CANDIDATOS E GANAS DE TRABALLAR, PUNTO