A influencia da Voz nas eleccións do 1M

Despois das críticas dos principais dirixentes do nacionalismo cara ao papel de La Voz de Galicia durante a pasada campaña electoral, hai quen xa se encargou de facer un informe sobre o impacto que as informacións deste xornal tiveron nas pasadas eleccións autonómicas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/03/2009 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

None

O nivel do retroceso, medido en porcentaxe do censo electoral (non de votos emitidos), é maior nas catro comarcas da provincia da Coruña nas que máis se le La Voz. A partir de aí e con audiencias decrecentes figuran o resto de comarcas orgánicas do BNG, primeiro as do resto da Coruña e finalmente as da área de influencia de Vigo. Seguindo esa ordenación, case en paralelo á distancia en Km á cidade coruñesa, atopamos, en xeral, caídas moito menores e mesmo algúns incrementos. As principais excepcións a esta correlación case lineal entre incidencia de La Voz e retroceso do BNG atopámolo nas comarcas máis urbanas, desenvolvidas e españolizadas.Ademais apunta causas e culpables:

Visto isto xa me tarda que todas aquelas persoas, de dentro e de fóra do BNG, que pretenden empregar os resultados das eleccións autonómicas para xustificar, só onde lles interesa, relevos na cabeza das candidaturas municipais do Bloque, comecen por asumir a súa responsabilidade na adopción dunha estratexia política (concurso eólico) e mediática (lanzamento inoportuno de Xornal) que foi a que en realidade condenou ao BNG a eses resultados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

9 LIRA

Aquí hai algo quen non cadra.
Porque ao candidato proposto polo Beiras si que o apoian, e moito moitismo...
Que alguén o explique, por favor.

8 anónimo

Non me queda claro se Calidonia calculou o coeficiente de correlación ou a recta de regresión, nen cales foron os resultados exactos.
Por outra parte, no seu blog utiliza este estudio para dicir que queda demostrado que as candidaturas das municipais non influiron. Non sei en que se basa para tal conclusión, pois a estatística é o que é, pero o sentidiño común case nunca engana, e é evidente que quen estea traballando no concello polo BNG, sexa na oposicón ou gobernando influe nos votiños.

7 anónimo

Estatísticamente pódese demostrar que nas mesas que hai un porcentaxe significativo de inmigrantes houbo menos porcentaxe de votos ao BNG, polo tanto a baixada do BNG foi causada polos inmigrantes.

6 anonimus

bah!,todo area,non ten ningún valor esta nova...o bng perdeu pola sua deriva esquizofrenica no goberno...

5 anónimo

Postos a botarlle a culpa aos demais sempre aparecen chivos expiatorios que nos libren das nosas responsabilidades. O BNG ven caendo en votos nas ultimas 3 ou 4 convocatorias autonómicas e o seu gran problema non é A Coz nin rabo de gaita (por certo, cando estaba na Coz José Luis Gómez de director había un veto total ao BNG e este señor dicia que eran catro matados que nunca chegarian a nada. Mais polo pan baila o can)O problema do BNG está nas prácticas: no presidencialismo de Quin, en poñer en marcha a política de terra queimada para que ninguén lle fixese sombra, e, non nos trabuquemos, na política clientelar que fixeron para meter aos seus ao máis puro estilo Baltar, Cacharro, Pachi Vázquez, etc, etc, etc. Por iso moitos pasamos de votar ao BNG, porque non se trataba de cambiar caciques do PP por caciques do PSOE e do BNG. Iso é o que non entenderon no BNG. E así lles foi.